EXITAZO DA NOITE ABERTA DE BOIRO
Como se foran festas, esta era a frase mais repetida polos veciños e visitantes que nos acompañaron na 7ª edición da Noite Aberta que celebramos o pasado sábado 14 de novembro.
Durante todo o día a afluencia de xente nas rúas e comercios de Boiro foi enorme, pero especialmente destacable foron as horas da tardiña onde miles de visitantes decidiron pasear e mercar polas nosas tendas iluminados polas luces de Nadal que o concello estreaba con motivo da Noite Aberta.
A xornada comezou cedo co mercado ecolóxico, teatro na rúa e obradoiros de galletas terroríficas.
Pola tarde a animación trasladouse aos comercios onde ademais de ter importantes descontos celebráronse todo tipo de actividades especiais, degustacións, sorteos, música, obradoiros e moito mais.
A festa do comercio local rematou ben entrada a noite xa que os establecementos permaneceron abertos e con moito público ata as 24:00 da noite.
Dende a ABE queremos agradecer aos comercios participantes a súa colaboración neste evento e animamos aos que non o fixeron e tamén aos que participaron por libre que se animen a facelo con nós nas vindeiras edicións.
Se queredes ver as fotos do evento podedes facelo neste enlace.
Fotos Noite Aberta
En canto o sorteo do premio da Noite Aberta o número premiado é o 523, rifa entregada en Deportes Sr. Balón.
O posuidor da rifa debe pasar polas oficinas da ABE antes do luns 23 de novembro